Ilegales presenta por vez primeira en Galicia o seu novo disco: Rebelión, unha marabillosa colección de cancións en liña co seu discurso rabioso de toda a vida.

Unha das bandas máis irreverentes de España volve –en realidade nunca marchou– á escena: Rebelión Tour é o nome da xira que iniciaron hai uns meses, con entradas esgotadas nos primeiros concertos de Asturias e Madrid e a piques de esgotarse tamén no resto da xira. Rebelión é tamén o nome do novo traballo discográfico, un disco de rock contundente, como contundentes son as letras e as opinións de Jorge “Ilegal”. No momento de saír o novo disco, o líder da banda declaraba a Alejandro Tena, do diario Público: “A rebelión nestes momentos non só é desexable, é imprescindible. Se botamos unha ollada á España que tiñamos cando sae o primeiro disco de Ilegais, a principios dos 80, vemos unha España chea de esperanzas porque se acababa coa censura […] Hai motivos para rebelarse, salvo que sexas un eunuco”. Pois iso!