Fundado en 2010, Petit Pop fórmano Mar, Lara, Cova e Pedro, membros de diversas bandas asturianas como Pauline en la Playa, Nosoträsh, Undershakers, Penélope Trip ou Edwin Moses. Con tales traxectorias non é de estrañar que no momento no que empezaron a verse rodeados de nenos, seguisen facendo o que lles gusta adaptándose á nova situación, aínda que con bastante menos tempo.

O resultado é música familiar na que o sentido do humor e os guiños á vida diaria son o marco perfecto para explorar, a través do universo infantil, todas aquelas cousas que nos gustan, nos sorprenden ou lévannos a facer preguntas e que son, en definitiva, sentimentos e emocións interxeneracionais universais.

Día: Domingo, 19 de febrero de 2017 
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol)
Hora: 12:00