O artista de Kentucky presenta os temas de Turned over to dreams, que recolle o mellor da tradición folk estadounidense e a mistura coa elegancia característica de Moore Crooner sereno de talento infinito, Daniel Martin Moore desvélase como un xenio absoluto tanto nos seus traballos en solitario, como Turned over to dreams, como nas súas sublimes colaboracións con Ben Sollee (Dear Companion) e Joan Shelley (Farthest Field).

Día: Mércores 8 de marzo de 2017.
Recinto: Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol)
Hora: 21:00