Finalista do Premio Max 2016 como mellor espectáculo para a infancia e familiar, O paxaro prodixioso é unha obra inspirada no mítico Ave Fénix con música de Igor Stravinsky. Un espectáculo que transporta ao espectador á unha viaxe iniciática na procura da faísca da vida. A obra cóntase a través da partitura musical, interpretada con piano, narración, teatro, máscaras, títeres e proxeccións.

O paxaro prodixioso é unha produción da Asociación de Amigos Bilbaínos da Ópera de Bilbao e da compañía granadina La Maquiné.

Día: Domingo 9 de abril de 2017.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol)
Hora: 12:00