A primeira longametraxe de Chaplin como director, The Kid é unha comedia dramática sobre un neno abandonado e un vagabundo que se fan amigos nas rúas dunha cidade norteamericana; unha intelixente combinación de elementos dramáticos e cómicos.

Caspervek Trio é unha agrupación instrumental formada en Vigo en 2013 que se ten consolidado como unha das bandas punteiras na composición e musicalización de películas do legado silente.

Caspervek estudou tanto a música orixinal como a nova partitura de Chaplin para a reedición de 1971 para crear unha nova aproximación á película que combina varios xéneros do jazz e a música lixeira coa tradición Romántica.

Día: Sábado 28 de abril de 2017.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol)
Hora: 21:00