Desde hai uns anos, The Pinker Tones –recoñecidos internacionalmente pola súa música electrónica– contan cun espectáculo para público familiar no que narran e cantan As viaxes de Rolf e Flor, un compendio dos tres libros que xa teñen editados.
 
Rolf, un neno de Barcelona, e Flor, unha nena de Nova York, teñen vidas paralelas sen eles sabelo. Cando se coñecen descobren que son almas xemelgas. The Pinker Tones oferecen cancións con moito ritmo e letras divertidas e orixinais.

 

Día: Domingo 7 de maio de 2017.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol)
Hora: 12:00