O xenial guitarrista e cantautor publicará o seu novo disco en febreiro de 2017 e con certeza, afianzarao como unha das voces máis excitantes do folk británico.

John Smith é habitual guitarrista nas xiras de Lisa Hannigan, Lianna La Havas ou David Gray. Moitos quilómetros de estrada ás súas costas que o converteron nun músico curtido, experimentado pero ata o de agora á sombra. O músico de Devon tamén fixo camiño co seu propio proxecto, abrindo para artistas como Iron & Wine, Tinariwen, James Yorkston ou para dous dos seus fans declarados, nin máis nin menos que Richard Hawley e Ben Howard. E é que a música de Smith abrolla luminosa e clara, namora á primeira.

O seu peculiar estilo á guitarra, fano único, una mestura entre o toque suave do slide e os golpeos percusivos á caixa acústica que unidos á súa voz areosa, fan que o seu discurso soe honesto e sincero, sen demasiados artificios, directo ao corazón.

Poderíao emparentar a Nick Drake nalgunhas pasaxes ou a Neil Halstead pola dozura dalgunhas das súas cancións, pero John Smith posúe esa graza innata que o diferencia á vez que soa próximo e familiar.

Queda claro que a canteira de músicos de raíz folk das illas británicas é inesgotable e que John Smith pasa a ocupar un lugar privilexiado para a prensa inglesa ao cualificalo como “o guitarrista de guitarristas”.

Día: Mércores 10 de maio de 2017.
Recinto: Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol)
Hora: 21:00