A banda madrileña propón unha das misturas musicais máis rítmicas da actualidade, engadindo toques latinos e espaciais ao seu característico rythm and blues.

Naceron hai catro anos en Madrid e xa poden compracerse de ser unha das mellores bandas de rythm and blues do país. Chegan a Ferrol para presentar o seu novo proxecto musical, o segundo na súa curta traxectoria profesional. Baixo o título de Limbootica! escóndese un rythm and blues exótico, que bebe das influenzas do soul, do swing, do góspel e dun rock and roll de claras raíces americanas.

Co seu espectacular directo, estes amantes da música negra dos 50 están resucitando un dos xéneros musicais que parecían desaparecidos, gañando adeptos alí por onde pasan.

Día: Sábado 10 de xuño de 2017.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol)
Hora: 21:00