Versátil e inquedo, o músico e compositor de Madredeus e de Sétima Legião sempre é garantía á hora de crear atmosferas sonoras máxicas. Tras un disco –Life is Long– cun bo amigo, o músico australiano Scott Matthew, en 2017 Leão regresa á súa faceta pop máis sinxela. Entendendo sinxela como sinónimo de lixeirezas e de falla de artificios.

Ademais, nesta nova xira acompáñao a voz de Ana Vieira, quen xa compartiu escenario e estudio de gravación co portugués entre 2004 e 2010. Un celebrado reencontro para interpretar cancións extraordinarias de discos como Cinema (2004), A Montanha Máxica (2011) ou A mãe (2009), ademais diso, pezas dun dos seus últimos traballos, A vida secreta dás maquinas (2015).

Día: Mércores, 9 de agosto de 2017.
Recinto: Teatro Colón (A Coruña)
Hora: 21:00