Despois de liderar trece anos un dos grupos máis importantes da escena alternativa española, Los Piratas, Iván Ferreiro emprendeu a súa carreira en solitario en 2005 con Canciones para el tiempo y la distancia, convertido nun dos discos de referencia en castelán do século XXI.

En 2008 chegaría Mentiroso, mentiroso e en 2010 Picnic extraterrestre para consolidar unha traxectoria na que ademais rodeouse e colaborou con numerosos amigos e músicos como Xoel López, Leiva, Quique González, etc. Tras outros dous traballos –Confesiones de un artista de mierda (2011) e Val Miñor-Madrid. Historia y cronología del mundo (2013)–, Iván Ferreiro editou en outubro de 2016 Casa, un álbum de catarses persoais moi ben recibido pola prensa especializada e polo público.

O músico de Nigrán é ademais autor de himnos xeneracionais como El equilibrio es imposible, Mi coco o M.

Día: Sábado, 12 de agosto de 2017.
Recinto: Praia de Riazor (A Coruña)
Hora: 22:00

Siguiente

Entrevista a Mourn: “Nos cabrea bastante el concepto ‘girl band’. ¿Un grupo de chicas no tiene derecho a considerarse ‘band’ a secas?”

Anterior

La playlist de Eladio y los Seres Queridos: de la música barroca a Oasis pasando por Mercedes Sosa

Día: Mércores, 9 de agosto de 2017.
Recinto: Teatro Colón (A Coruña)
Hora: 21:00