A banda madrileña celebra os seus 45 anos de historia cunha xira con parada en Ferrol. Ofrecen un percorrido pola súa música e presentan o último traballo Crónicas de un tiempo raro.

Baixo o nome de Asfalto atópase unha das primeiras bandas de rock urbano do país. Na súa ampla traxectoria poden vangloriarse de seren os primeiros en tocar en Londres e no mítico Marquee Club, os primeiros en realizar unha xira organizada, en editar un disco dobre de estudio ou en gravar un vídeo elepé (Más que una intención).

Agora regresan cunha nova xira, na que conmemoran os seus 45 anos de historia e na que presentan Crónicas de un tiempo raro, un disco cheo de matices sociais nas letras e no que manteñen o seu particular son cultivado entre o rock máis urbano e o progresivo. En palabras de Julio Castejón, alma máter do grupo –voz, guitarra e compositor principal– “é un álbum que toca o presente, que toca a rúa, facendo crónica destes tempos raros que nos tocou vivir”.

Día: Mércores, 30 de agosto de 2017. 
Recinto: Praza de Amboage (Ferrol)
Hora: 21:00