O cantautor malagueño non deixa de recoller éxitos, tras dar máis de 70 concertos nun ano, encher salas e auditorios por todo o país e conquistar América Latina coa súa música.

Na extensa xira de presentación do seu terceiro traballo discográfico, De pana y rubí, El Kanka ensina ao público o seu particular estilo de fusión da vida con temas que conxugan estilos musicais diversos coa tradicional ironía das súas letras.

Día: Xoves 31 de agosto de 2017. 
Recinto: Praza de Amboage (Ferrol).
Hora: 21:00