La increíble gira de violín narra a historia dun violín que naceu en Módena e viaxou ata o Líbano para atoparse cun pequeno Ara de tres anos, ao que o seu pai, tamén violinista, ensinou a tocar, e do que xa non se separá nunca.

Xuntos descubriron a Paganini e xuntos viaxaron ao longo dos anos por todos os xéneros musicais que aprendían alá onde paraban. Viaxar, oír, fusionar, así ata chegar ao rock e a música pop.

O concerto é unha increible historia, unha marabillosa viaxe de vinte meses ao redor do mundo e das súas músicas.

 

Día: Martes 17 de outubro de 2017.
Recinto: Teatro Principal (Ourense)
Hora: 21:00