María Rodés presenta o disco, gravado e producido a seis mans con Juan Berbín e Josep María Baldomà, que verá s luz en breve. O espectáculo xira sobre a figura de Lluís Rodés –tío bisavó da compositora, astrónomo, meteorólogo e director do Observatorio do Ebro– e, a través de todo un repertorio de cancións e paisaxes musicais inspirados na vida e obra do astrónomo, recrea o transcurso dunha noite.

Día: Sábado 2 de decembro de 2017.
Recinto: Afundación (A Coruña)
Apertura puertas: 21.30 h
Hora: 22.00 h