Nun pedestal xunto a artistas como Mercury Rev, The Blue Nile, Bill Callahan, Arab Strap, Nick Drake e Leonard Cohen, Adrian Crowley presenta o seu oitavo disco, Dark Eyed Messenger.

Nadine Khouri foi a artista máis aclamada da pasada edición do ciclo “Son Aloumiños”. A propia Nadine citou, posteriormente, o concerto de Ferrol como un dos máis máxicos da súa traxectoria. Para revivir esa maxia, Nadine únese a Adrian Crowley para realizar un set especial no que será o seu único concerto en Galicia.

Adrian Crowley, residente en Dublin pero orixinario de Malta, é deses músicos que, aínda que de ampla traxectoria, seguen intactos no seu contacto co gran público. Deses artistas que prefiren subir a árbore escollendo a rama adecuada, a máis segura, a máis robusta, ir contemplando o que nese ascenso depara o horizonte.

Adrian Crowley regalounos no seu oitavo disco unha nova vista desde esa árbore que se alimenta do folk irlandés pero cuxas pólas lévano moito máis alá. Dark Eyed Messenger gravouse nos estudos de Thomas Bartlett (Doveman) en New York. Bartlett -habitual de Sufjan Stevens, Martha Wainwright ou The Magnetic Fields- propuxo a Crowley colocar a guitarra como algo residual no disco e potenciar a voz barítona de Adrian. O resultado é o mellor traballo de Adrian Crowley ata a data, dunha factura bellísima.

O concerto é unha increible historia, unha marabillosa viaxe de vinte meses ao redor do mundo e das súas músicas.

Día: Sábado 10 de febreiro de 2018. 
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Hora: 21:00