Loch Lomond é un proxecto colectivo con base en Portland, Oregon, á fronte do cal atopamos a Ritchie Young, quen iniciou esta andadura con amigos que foron variando co tempo, para ir dando forma aos cinco álbumes da súa carreira. O último con claras referencias a Europa: “Pens from Spain” (Hush Records). Neste disco bebe de innumerabeis referencias, desde os seus paisanos The Decemberists a Mercury Rev.

Loch Lomond segue o ronsel de proxectos que están cómodos nos contrastes, que transitan os límites do pop e que poñen todo ao servizo das cancións sen importar os instrumentos nin os medios que se utilicen. Loch Lomond soan clásicos pero, á vez, irremediablemente modernos.

Día: Sábado 31 de marzo de 2018.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Apertura puertas: 20.30 h
Hora: 21:00