Unha das películas máis coñecidas de Harold Lloyd, acompañada en directo coa música composta polo pianista Adrián Begoña e interpretada polo seu trío.

Un mozo emigra á cidade en busca dun futuro mellor. Cada pouco tempo envía cartas á súa noiva nas que lle fala do ben que lle van as cousas, o que non é certo. Finalmente, fai un trato cun amigo para subir un edificio, feito que a el daralle fama e renome. A imaxe de Harold Lloyd colgado das agullas dun reloxo no alto do edificio é unha das máis coñecidas da historia do cine.

Día: Sábado, 14 de abril de 2018.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol)
Apertura puertas: 20.30 h.
Hora: 21:00