Mayumaná é o grupo internacional máis importante do mundo en danza, percusión e ritmo. Rumba! é o seu novo espectáculo, coa música de ESTOPA como banda sonora.

Estreado no Teatro Rialto de Madrid en xaneiro de 2017, foi aplaudido por 100.000 espectadores antes de iniciar a súa xira por España. Rumba! narra a historia de dúas familias que viven enfrontadas no mesmo barrio. No medio do seu odio e disputas nace o romance que alimenta a trama. Os bares nos que habita a rumba prestan escenario ao conflito. A rumba mestiza de Estopa achega a banda sonora e o fío condutor dun espectáculo desbordante, interpretado por un elenco de artistas extraordinarios que cantan, bailan e tocan todos os instrumentos para xerar o milagre rítmico e visual que fai de Mayumaná un grupo único, aplaudido por máis de 1.500.000 de espectadores en España desde o seu debut en 2001.

Día: Sábado 20 de abril de 2018.
Recinto: Auditorio (Ferrol).
Apertura puertas: 20:30h.
Hora: 21:00