Vinicio Caposela chega ao ciclo Son Aloumiños no único concerto que dará en Galicia dentro da súa xira de primavera. Altamente recomendado!

Cantante-compositor, poeta, escritor e artista total, Vinicio Capossela (Hannover ,1965) debutou en 1990 co disco A ll’unha e trentacinque circa, que supón o seu primeiro éxito. En 1996 lanza Il ballo dei San Vito (O baile de San Vito), álbum definido polo propio Vinicio non como un disco, senón como unha historia. Na súa obra é evidente a fortísima influencia do cantautor americano Tom Waits.

Autor de moi ampla obra, en 2003, Capossela lanza un álbum recompilatorio: L’ indispensabile, un disco marabillosos que contén unha versión de Se è spento il sole, de Adriano Celentano. Neste concerto, que dará en formato trío, presentará o seu novo traballo Canzoni della culpa, dedicado a Irpina, a terra dos seus pais. O traballo divídese en dous discos, o primeiro destaca polo estilo folk máis tradicional e no segundo hai varias colaboracións con distintos artistas, nun estilo folk global.

Día: Sábado 21 de abril de 2018.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Apertura puertas: 20:30h.
Hora: 21:00