O brasileiro presenta en Ferrol, no ciclo son aloumiños, o seu Segundo disco, sintoma, que o sitúa como unha das principais voces cariocas da súa xeración.

No seu debut co disco Serviço xa se gañou o respecto do público e da crítica, e con el inaugurou unha carreira musical que se afianza con este segundo traballo. Branco ten unha facilidade esmagadora para encadear melodías con texturas delicadas e co toque especial que só os músicos brasileiros saben aportar ás súas cancións. Nelas hai ritmo e dozura, saudade e alegría, guitarras de veludo e voces que acarician. Todos estes ingredientes o converten nun dos maiores talentos da súa xeración en Brasil.

Día: Sábado 5 de maio de 2018.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Apertura puertas: 20:30h.
Hora: 21:00