Unha Banda de metais de son atronador (e moi, moi rítmico) acompaña ao cantante de soul.

Eli “Paperboy” Reed comezou moi novo cantando no metro de Nova York, e van xa catorce anos desde que gravou o seu primeiro disco.  Chega a Ferrol por vez primeira, en concerto único en Galicia, coa colaboración dunha enorme (en tamaño e tamén en potencia sonora) banda de metais, a High &  Mighty  Brass  Band. O resultado deste encontro é un son que nunca antes se oíra. Presentan un disco que foi gravado o ano pasado nos Estados Unidos tras semanas de concertos previos en Brooklyn, Nova York e Las Vegas. No concerto inclúense temas clásicos de Reed, novas composicións e incluso unha versión do  “Love  On  Top” de  Beyonce.

A combinación do furor de Eli  Paperboy Reed e a sonoridade da banda presenta as fortalezas de ambos os artistas. O poder absoluto e a interacción dinámica da  High & Mighty xunto co canto agresivo, emocionante e conmovedor de Eli vai facer que os espectadores non sexan quen de quedar sen bailar nas butacas  e, desde logo, de parar de aplaudir.

Día: Sábado 16 de xuño de 2018.
Recinto: Auditorio (Ferrol).
Apertura puertas: 20:30h.
Hora: 21:00