Teclista, vocalista e compositora, nos anos 80 Ana Curra (Madrid, 1958) foi unha das artistas de referencia da Movida madrileña e, sen dúbida, tamén a máis auténtica. Formou parte de Pegamoides, Parálisis Permanente e Los Seres Vacíos e algúns medios chegaron a denominala “a raiña do punk en España”.

Pasaron xa tres décadas desde aquela euforia oitenteira, pero ela segue igual de irreverente e reivindicativa que entón. Este verán, chegará coma un torrente aos escenarios do Noroeste Estrella Galicia. A que fora líder do icónico grupo Parálisis Permanente xunto á súa parella de entón Eduardo Benavente, alza agora a voz para poñer en valor o legado da súa banda de culto e reivindica a capacidade de transformar, a través da música, todo aquilo co que non estamos conformes. Sempre cunha aguda mirada e vestida en coiro negro,medias de reixae complementos conchatolas, Ana Curra presentará na Coruña a versión máis punk e gótica de si mesma, cos temas do álbum El Acto, que Parálisis Permanente publicou cando Naranjito trataba de usurpar a imaxe de todo un país. O desaparecido Eduardo Benavente sobrevoará como referente ineludible no seu directo xunto a temas como Quiero ser santa, Unidos, Nacidos para dominar ou Tengo un pasajero. Punk en estado puro.

Día: Xoves 9 de agosto de 2018.
Recinto: Campo da Leña (A Coruña).
Hora: 22:00