Ezetaerre é un grupo galego de rap combativo galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). Os tres compartiron estudos de comunicación audiovisual, loitas e experiencias no movemento estudantil. Publicaron o disco “Aspiracións mínimas e urxentes”, os singles “A herdanza do vento” e “Non é verán de Estrella Damm” e o recente EP “100”. Hai tres palabras que os acompañan dende o seu comezo: dignidade, solidariedade e humildade.

Día: Sábado, 22 de setembro de 2018.
Recinto: Parque Raíña Sofía (Ferrol).
Apertura puertas: 20.30 h
Hora: 23.00