Un Pazo da Cultura ateigado espera a chegada de Luz Casal para escoitar en directo os temas do seu novo disco, Que corra el aire.

Catro anos despois da publicación de Almas gemelas, a cantante de Boimorto presenta Que corra el aire nunha xira que a está a levar aos puntos máis dispares do país. O público escoitará, na maxestosa voz da cantante e compositora galega, temas como Lucas, Volver a comenzar, Quise olvidarte ou unha especial versión de Amores, un dos grandes clásicos de Mari Trini.

Que corra el aire é un disco que, en palabras da propia Luz Casal “entronca co que algúns consideran o meu pasado e que para min é o meu presente”.

Día: Sábado 06 de outubro de 2018.
Recinto: Pazo da Cultura (Narón).
Apertura puertas: 19:30h.
Hora: 20:00