Heredeiros da Crus darán o concerto de despedida da xira dos 25 anos nas festas de San Froilán de Lugo.

Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, ‘A Cuadrilla de Pepa a Loba’, un álbum que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como ‘Quero josar’ ou ‘O fillo de José’. Beni, alias ‘o fillo de Ampartio’ era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez alias ‘Trelles’ (no disco Chicarrón) e Manu Gómez a partires da xira do 2012.

As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse.

Día: Xoves, 11 de outubro de 2018.
Recinto: Horta do Seminario (Lugo)
Hora: 21:00