O primeiro cineconcerto do an en Ferrol xunta o cine de Buter Keaton co swing do grupo madrileño La coquette.

Luke Shannon (Buster Keaton) é un fotógrafo que se gaña a vida na rúa sacando retratos dos transeúntes. De poucos recursos económicos e unha cámara que máis ben parece unha lata de conservas, preséntase a un posto de traballo para a Metro Goldwyn Mayer co fin de estar preto de Rally (Marceline Day), unha secretaria da compañía. The Cameraman é unha das mellores comedias de Buster Keaton, na que demostra unha habilidade para o humor exquisita. Foi, precisamente, a derradeira película muda de Keaton e tamén o primeiro filme que realizou para a MGM.

A música de La Coquette Swing Band, pola súa parte, é unha mistura de swing e gypsy, e para esta película propón unha banda sonora que se nutre do swing americano con influencias manouches. A banda está formada por músicos con centos de concertos ás súas costas: Pablo Vera Serrano (violín), Javier Cano Sánchez (guitarra) e Alejandro Pérez Pou (baixo).

Día: Sábado, 16 de febreiro de 2019. 
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol)
Apertura de portas: 20:30h.
Hora: 21:00