O vendaval Malikian arrasa, o violinista presenta novo espectáculo coas entradas esgotadas ás 34 horas de poñerse á venda.

O Auditorio de Ferrol vai ser unha das primeiras prazas en España nas que se poderá ver o novo espectáculo de Ara Malikian: “The Royal Garage World Tour”. Inmerso nunha xira mundial permanente, o violinista estrea banda (só conserva dous músicos da xira anterior) e renova o repertorio, que unha vez máis transitará polos máis diversos estilos, da música clásica ao rock pasando pola tradicional. O fío condutor da súa nova xira son os moitos garaxes polos que ten pasado e onde ten ensaiado. É, en realidade, un percorrido sonoro polos máis variados e exóticos estilos que fraguaron a súa carreira e que o levaron dun garaxe no Líbano a ser un dos artistas españois con maior recoñecemento internacional.

Día: domingo, 24 de febreiro de 2019. 
Recinto: Auditorio (Ferrol)
Apertura de portas: 19:30 h
Hora: 20:00