Ridley Scott dirixiu este clásico da ciencia ficción que se estreou en 1983 e que está baseado na novela de Philip K. Dick ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? Protagonizada por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Daryl Hannah, Edward James Olmos e Joe Turkel narra a historia dun axente de policía que ten que dar caza a catro androides, cunha intelixencia superior á dos humanos, que fuxiron dunha colonia espacial e chegaron á Terra con intencións descoñecidas. Blade runner está ambientada nunha decadente cidade dos Ángeles a finais de 2019.

O grupo barcelonés Seward aporta unha visión sonora diferente a este película, poñéndolle o selo da súa música, de excitantes directos en busca dos límites do rock. Transitando moi lonxe do convencional, o cuarteto catalán nútrese do pop, o free jazz, o folk, o blues e o el post-rock, sen que ningún deses estilos estea claramente reflectido nos seus sons.

Día: Sábado, 9 de marzo de 2019.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Hora: 21.00