Banda de referencia na escena nacional de música soul y funk formada por unha voz incendiaria e nove músicos que irradian creatividade, posúen sección rítmica e ofrecen un directo demoledor.

Na actualidade están de xira co seu terceiro traballo discográfico, Shenobi, un álbum dobre cunha vintena de temas e un potente fío condutor: a liberdade da muller. 

Día: Sábado, 27 de abril de 2019.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Hora: 21.00 h