Morgan é hoxe unha banda madrileña que, desde hai un ano e medio, experimenta un ascenso imparable e causa sensación entre o público, a crítica especializada e a industria musical.

Ofrecen un directo marabilloso e nun só ano pasaron de tocar nas primeiras horas dos festivais a facelo nos escenarios grandes como banda consolidada. Presentan Air, o seu segundo disco, nunha xira que os está a levar por toda España. Air é unha viaxe a través de estilos diferentes que nacen do rock americano e pasan polo folk, o soul, o R&B, o pop e o funk.

Morgan son Nina de Juan (piano e voz); Paco López (guitarra e voz), Ekain Elorza (batería), Alejandro Ovejero (baixo) e David Schulthess (teclado).

Día: Sábado, 4 de maio de 2019.
Recinto: Pazo da Cultura (Narón).
Hora: 20.00