A banda liderada por Antonio Romera, “Chipi”, presenta en Ferrol Amor en Crisis, copla contemporánea que precede a El bar nuestro de cada día.

La Canalla é, en palabras dos seus integrantes, vangarda e tradición, tenrura e paixón, alegría e descaro… un singular encontro de jazz e música popular de aire cosmopolita e espírito flamenco. No escenario mistúranse coa música o humor e a ironía que lles serven a estes andaluces de alma gaditana para contar cousas moi serias. 

Día: Sábado, 27 de febreiro de 2016.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol)
Hora: 21.00