30 anos non son nada, a vida pasa voando e cando o pensas levas más de media vida dedicado ao rock and roll.

A xira de 30 aniversario de Sex Museum (empezaron en 1985, coa metade dos seus membros aínda menores de idade) chega ao Teatro Jofre. Son unha banda mítica do rock español, que ten 13 discos, ducias de xiras por Europa e miles de concertos. Se algo caracteriza a Sex Museum son as súas ganas de tocar en directo. Adiantándose por décadas á realidade musical actual descubriron que o seu funcionamento dependía máis dos concertos que dos discos vendidos e niso envorcáronse. Desde hai décadas non fixeron outra cousa que tocar, en calquera lugar, desde un garito pequeno ata un estadio.

 

Día: Sábado, 5 de marzo de 2016
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Hora: 21.00