Entre os múltiples formatos nos que traballa Santiago Auserón, este Juan Perro Trío é un dos máis sutís e fermosos.

A exitosa experiencia de crítica e público (dentro e fóra de España) do dúo acústico Santiago Auserón-Joan Vinyals durante os últimos tres anos, fai sitio nesta ocasión á música de David Pastor, un trompetista talentoso, versátil, de discurso pulido, virtuoso e belo.

O trío é un formato cheo de matices, no que os tres músicos móvense instintivamente entre texturas elaboradas e ideas improvisadas, dando lugar a situacións de gran intensidade poética. Como figura no nome do concerto, Juan Perro presentará as novas cancións, pero non deixará de recordar o mellor do seu repertorio, o dun músico e letrista brillante que se reiventa ano tras ano desde a tradición, a reflexión e un profundo coñecemento da historia da música. Unha velada de enerxía fresca e creación musical.

 

Día: Sábado, 26 de marzo de 2016.
Recinto: Auditorio (Ferrol)
Hora: 21.00