Corizonas, o supergrupo revelación do pop español en 2012/13, resultante da unión de Arizona Baby e Los Coronas regresa en abril cun álbum soberbio que adiantarán no seu único concerto en Galicia, no Teatro Jofre

Un concerto de rock no que, no escenario, hai oito músicos xa é, por ese feito, un espectáculo. O novo disco de Coriozonas, que
sairá á venda en maio, será a base do concerto que esta banda ofrece no Teatro Jofre. 

Corizonas é un proxecto innovador e ofrece un directo repleto de sorpresas onde, sen perder a súa identidade, a banda desvela os
seus novos horizontes. Decenas de salas e festivais nacionais e internacionais, testemuñaron nestes anos o ascenso de Corizonas á primeira división do rock español. Os seus demoledores directos e o incontestable impacto do seu único álbum, The News Today, bastaron para que esta feliz conxunción de Arizona Baby e Los Coronas gañase por igual o fervor e respecto de crítica, público e bandas rivais.

 

Día: Venres, 15 de abril de 2016.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Hora: 21.00