Se algún grupo en España pode considerarse “mítico”, ese é, sen dúbida, Crag. Tres membros da banda continúan co seu pop brillante.

A crítica especializada chamou a Cánovas, Adolfo e Guzmán “os Crosby, Still & Nash españois” polo seu excelente emprego das harmonías vocais e a limpeza do seu pop. Pero Cánovas, Adolfo e Guzmán –músicos de enorme traxectoria profesional que teñen participado en varias das bandas con máis nome do pop español– beben dos Beatles tanto como deses americanos. A súa canción Señora Azul é considerada unha das dez mellores da historia da música española, e a banda foi creando unha silenciosa lexión de seguidores a base de discos perfectos.

 

Día: Domingo, 15 de maio de 2016.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Hora: 21.00 h