Actor, monologuista, músico e presentador, O’Dogherty ven a Galicia por vez primeira coa súa banda La Bizarrería.

Alex O’Dogherty –coñecido polos seus papeis en cine e televisión (Camara Café, Doctor Mateo ou Alatriste, entre outros)– presenta un espectáculo único, no que o swing, o pop, o funky e o rock alíanse co humor nunha explosiva mistura.

Tras un ano de xira con este espectáculo, decide autoproducir o seu primeiro disco, Mi imaginación y yo, composto por trece temas, pero tamén por monólogos, diálogos delirantes, poesía e multitude de sorpresas, que fascinan ao público no seu concerto.
Alex O’Dogherty protagoniza, xunto ao inestimable ritmo de La Bizarrería, un show musical moi completo, no que é capaz de cambiar de rexistro, de cantar e de tocar numerosos instrumentos. O seu enxeño fai que as gargalladas do auditorio estean aseguradas.

 

Día: Sábado, 18 de xuño de 2016.
Recinto: Teatro Jofre (Ferrol).
Hora: 21.00