Con máis de tres décadas de carreira ás súas costas, Christina Rosenvinge é a única artista española que pode presumir de ter sobrevivido ao pop adolescente e de converterse nunha icona do pop independente, da canción de autor marcada polo desencanto e madurez.

Cun cancioneiro que o mesmo pasa xunto ao rock con pedigree de Sonic Youthque afonda no folk confesional, publica agora Lo nuestro, un novo disco no que, como ela mesma anunciaba hai uns meses “hai máis electrónica e un son máis psicodélico”.

Día: Domingo, 28 de agosto de 2016. 
Recinto: Praza de Amboage (Ferrol)
Hora: 21:00