Rubén Artabe abre o festival Setembro tras o éxito dos primeiros concertos de presentación de Punto Cero, o seu último disco. Os 11 temas que compoñen o disco marcan un cambio importante na traxectoria deste músico ferrolán que, sen rachar radicalmente cos seus anteriores traballos, deixa ver a súa parte máis eléctrica. Forza, elegancia e poesía mistúranse na nova proposta de Artabe.

Día: venres, 16 de setembro de 2016. 
Recinto: Parque Raíña Sofía (Ferrol)
Hora: 21:00