Los Mambo Jambo nacen a finais do 2009 en Barcelona. É a banda instrumental creadora do “Sonido Jambofónico”, unha mistura salvaxe de rock&roll, rhythm&blues, surf e swing interpretada baixo unha perspectiva contemporánea.

Tiveron dende o principio unha vocación internacional actuando en escenarios de toda Europa e México. Parte do seu éxito reside nos seus enérxicos directos.

Día: Martes, 11 de outubro de 2016.
Recinto: Praza de Santa María (Lugo)
Hora: 22.00