Un compositor portugués e un cantante australiano: unha mistura para crear beleza.

Un dos máis famosos e internacionalmente recoñecido músico e compositor portugués, ex creador da mítica banda Madredeus e creador de bandas sonoras, coñeceu en Nova York, hai anos, a un cantante australiano cuxa voz o cautivou. Rodrigo Leao soubo de inmediato que quería traballar nalgún momento da súa carreira con Scott Matthew.

Agora presentan xuntos o seu primeiro disco, e o concerto do Auditorio de Ferrol é o primeiro fóra de Portugal nunha xira que os leva de inmediato a Madrid e logo a Alemaña e Austria. Un inventor de melodías máxicas e un cantante poderoso. Imposible resistir unha vinculación tan exótica. A voz grave e doce de Scott e as melodías e orquestracións de Rodrigo casan á perfección

 

Día: Sábado, 12 de novembro de 2016.
Recinto: Auditorio (Ferrol).
Hora: 21.00