O vendaval Malikian arrasa, o violinista presenta novo espectáculo, The Royal Garage World Tour

Inmerso nunha xira mundial permanente, Ara Malikian estrea banda (só conserva dous músicos da xira anterior) e renova o repertorio, que unha vez máis transitará polos máis diversos estilos, da música clásica ao rock pasando pola tradicional. O fío condutor da súa nova xira son os moitos garaxes polos que ten pasado e onde ten ensaiado. É, en realidade, un percorrido sonoro polos máis variados e exóticos estilos que fraguaron a súa carreira e que o levaron dun garaxe no Líbano a ser un dos artistas con maior recoñecemento internacional.

As entradas están á venda en aramalikian.com