O Teatro Colón acolle a presentación do novo disco de León Benavente, Vamos a volvernos locos, o terceiro traballo da banda de rock  que promete un directo espectacular.

León Benavente é un grupo español de indie rock formado en 2012 e xurdido da reunión de catro veteranos músicos: Abraham Boba, Eduardo Baos, Luis Rodríguez e César Verdú. Cos seus dous anteriores discos se consolidaron como banda imprescindible do panorama nacional. Con Vamos a volvernos locos afianzan a súa posición de grandes músicos sacando á rúa dez novos temas brillantes, talvez máis mordaces e reflexivos.

As entradas están á venda en Ataquilla