A Noite de Bolos recibe o seu nome por ser antesala da Festa do Pan de Neda. Neste 2019 conta coas actuacións de Quenindiole (20.00 h); De Vacas (21.00 h) e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (22.30 h)

QUENINDIOLE: Oito rapazas e rapaces de entre 10 e 15 anos forman Quenindiole. Cun repertorio tradicional de pezas ben coñecidas por todo o mundo, todas “cantables” e “bailables”, aseguran unha auténtica festa galega.

DE VACAS: Mistura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos, De Vacas enchen prazas e teatros cunha paixón que contaxia. Cantan en todos os idiomas e inventan outros. Aman aos nosos poetas e a Enrique Iglesias.

XABIER DÍAZ & Adufeiras de Salitre: 12 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivoo repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 9 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).