Acróbata y Arlequín é unha obra escénico-musical inspirada no universo do circo de Pablo Picasso durante o periodo rosa (1904 -1907) e a música das primeiras vangardas a través dos compositores Erik Satie e Francis Poulenc. O espectáculo é interpretado con canto lírico, piano en directo e escenificado con teatro de actores, títeres, sombras, obxectos e proxeccións. Un actor-narrador guía a escena para o entendemento da obra para un público familiar.

O proxecto nace da investigación de La Maquiné con diferentes xéneros nun intento de romper os estereotipos en torno á ópera, a música e o teatro. A intención é espertar nos máis pequenos o gusto pola música e iniciar o camiño cara ao mundo da lírica dende unha perspectiva non convencional.

Idade recomendada: a partir de 4 anos.