ROCK EN FAMILIA é un espectáculo de música en directo para que toda a familia goce rockeando.

O espectáculo consta de dous partes:

Na primeira, un contacontos narra de maneira breve e divertida a historia da banda á que se rende homenaxe en cada ocasión. Apoiándose en imaxes e cunha linguaxe para todas as idades, descobre a historia e as anécdotas máis interesantes do artista ou grupo ao que se dedica cada Rock en familia.

Na segunda parte, os seus mellores grupos tributo nacionais, fieis ás bandas orixinais tanto na música como na súa estética e posta en escena, realizan unha actuación en directo cos seus éxitos máis populares.