50 anos despois do seu icónico concerto no Olympia de París, Paco Ibañez embárcase nunha xira que o traerá aos concertos do Festival Noroeste Estrella Galicia. No Teatro Colón da Coruña ofreceranos unha viaxe polas cancións daquel momento histórico, que enlazará coas súas novas composicións.