En cumprimento das medidas de emerxencia decretadas pola Xunta de Galicia por COVID-19, comunícase o aprazamento da representación de Acróbata y Arlequín, prevista para o 29 de marzo no Teatro Colón da Coruña, ata o vindeiro ano 2021.

Podes solicitar a devolución da túa entrada en imce@gestiontickets.online. Se a entrada foi mercada na billeteira da praza de Ourense podes solicitar alí a devolución do importe correspondente.

Manterémosvos informados sobre a nova data.