ContraEscena é o novo espectáculo da compañía Funamviolistas.

Mediante unha enxeñosa interpretación instrumental, vocal e xestual, ContraEscena explica en clave cómica a vida de tres mulleres artistas en xira ante o reto de conciliar as súas responsabilidades, dúbidas e aspiracións persoais coa inexcusable convivencia entre elas.

A alegría, o bo humor e a reconciliación impóñense en ContraEscena. Unha comedia intelixente para recordarnos que ao final do camiño quédanos o bo sabor de rir e gozado desta gran función, a vida, onde todos somos coprotagonistas.

Merca as túas entradas no Pazo da Cultura de Narón.