Rock en Familia é un espectáculo no que toda a familia pásao ben. Grandes e pequenas gozan por igual da experiencia da música en directo, ao tempo que descobren a historia e as cancións dalgún dos artistas e grupos máis importantes e relevantes da historia do rock.

A través de contacontos e unha grande banda tributo descobremos nesta ocasión a Queen, «o mellor grupo británico de todos os tempos», segundo unha enquisa que, en 2007, fixo Radio 2 da BBC.

Entradas á venda no Pazo da Cultura de Narón e no teléfono 981 10 28 97.