Unha Banda de metais de son atronador (e moi, moi rítmico) acompaña ao cantante de soul.
Eli “Paperboy” Reed comezou moi novo cantando no metro de Nova York, e van xa catorce anos desde que gravou o seu primeiro disco. Chega a Ferrol por vez primeira, en concerto único en Galicia, coa colaboración dunha enorme (en tamaño e tamén en potencia sonora) banda de metais, a High & Mighty Brass Band. O resultado deste encontro é un son que nunca antes se oíra. Presentan un disco que foi gravado o ano pasado nos Estados Unidos tras semanas de concertos previos en Brooklyn, Nova York e Las Vegas. No concerto inclúense temas clásicos de Reed, novas composicións e incluso unha versión do “Love On Top” de Beyonce.
A combinación do furor de Eli Paperboy Reed e a sonoridade da banda presenta as fortalezas de ambos os artistas. O poder absoluto e a interacción dinámica da High & Mighty xunto co canto agresivo, emocionante e conmovedor de Eli vai facer que os espectadores non sexan quen de quedar sen bailar nas butacas e, desde logo, de parar de aplaudir.
Día: Sábado 16 de xuño de 2018.
Recinto: Auditorio (Ferrol).
Apertura puertas: 20:30h.
Hora: 21:00